Obradoiro de micoloxía para nenos e nenas

sales - 7 de diciembre de 2019

 

Xoga, colorea, e aprende… Trae aos máis cativos á Fundación Sales o vindeiro Sábado 14 e poderán aprender e divertirse con Micolandia e todo son ventaxes:

1. Colorear é un excelente exercicio que pode promover a coordinación ollo man dos nenos.
2. Se os nenos pintan nun ambiente non competitivo, a pintura será unha fonte de alegría e satisfacción.
3. A pintura pode levar aos nenos para xogar un papel máis activo no proceso de aprendizaxe xa que non só aprenden máis, senón que comprende mellor o mundo que o rodea.
4. Os nosos xogos didácticos permiten asimilar mellor a natureza que nos rodea.
5. Xogar aumenta o interese polo medio ambiente e incrementa a paixón por aquilo que se ensina.